martes, 15 de abril de 2008

AS FORZAS

Bueno en esta actualización falaremos dos diferentes tipos de forzas.
Para comezar hai que dicir que dependendo do tipo de interacción que presenten os obxectos, establécense os diferentes tipos de forzas, sendo un importante obxectivo para os físicos a simplificación máxima das forzas existentes na natureza. Nese empeño lográronse clasificar en catro grandes grupos: As forzas nucleares, as forzas electromagnéticas, a forza débil e a forza gravitatoria.
  1. As forzas nucleares: (interacción forte) Son as máis intensas, pero de moi corto alcance. Estas forzas son só de atracción e son as encargadas de manter unidas as partículas aue forman o núcleo atómico, de maneira que a súa itnensidade decae moi rapidamente coa distancia (menor da inversa da cuarta potencia).


  2. As forzas electromagnéticas: Éstas forxas son as seguintes en intensidade, arredor de dous ordes de magnitudes inferiores. Son forzas de atracción ou de repulsión, dependendo de si as cargas eléctricas das partículas son do mesmo signo ou oposto. O seu módulo é directamente proporcional ás cargas, e inversamente proporcional ó cuadrado da distancia que as separa. éstas forzas son as responsables de manter unida a materia, átomos, moléculas.. e teóricamente de alcance infinito.

    (xerador de ondas electromagnéticas)


  3. A forza débil: É a peor coñecida de todas elas, de recente descubrimento, pois se mostra na desintegración Beta dos núcleos radioactivos. é arredor de 12 ordes de magnitude (10 elevado a 12) menor que a interacción forte; o seu rango de operación é moi corto, cercano ós (18 elevado a -18 metros). Segúin a teoría electrodébil, que manten varios apoios experimentais, as forzas débiles e as electromagnéticas son só manifestación directas dunha misma forza denominada "electrodébil".



  4. A forza gravitatoria: É a máis débil de todas, cerca de 40 ordes demagnitude (10 elevado a 40) menor que a interacción forte. Ten carácter universal, pois depende das masas dos corpos, de maneira directamente proporcional, e é inversamente proporcional ó cuadrado da distancia. O seu alcance teórico é ilimitado e tal vez os seus efectos máis sorprendentes refléxanse nas atraccións planetarias; o seu carácter e pois de atracción.


Ben, pois isto é todo
esperamos que os agradara :)
un bico!
actualizou: Antía Iglesas Iglesias ^^

No hay comentarios: