domingo, 9 de diciembre de 2007

A Estequiometría

Benvidos de novo a mundo científico, despois de moi pouco tempo sen actualizar, nesta actualización imos falar sobre un estudo moi importante para o mundo científico, a estequiometría.





O primeiro que enunciou os principios da estequimetría foi Jeremias Benjamin Ritcher no ano 1792, un famoso químico alemán nado no ano 1762 e morto no ano 1807.





En química, a estequiometría é o estudo cuantitativo de reactivos e produtos nunha reacción química. A reacción química é o proceso no cal unha sustancia ou sustancias cambia para formar unha ou máis sustancias novas.





As reaccións químicas represéntanse mediante ecuacións químicas, as ecuacións químicas son descripcións simbólica de unha reacción química.





Para comprendelo con maior facilidade imos poñer un exemplo, o hidróxeno gas (H2) pode reaccionar co osíxeno gas (O2) para dar amoníaco (H2O). A reacción química escríbese:





2H2 + O2 -> 2H2O




Para poder traducir esta ecuación é preciso saber que o "+" significa -reacciona con- , e a frechiña significa -para dar-.





As ecuacións químicas están formadas polos ractivos, que son as fórmulas colocadas á esquerda da ecuación, polos produtos, que son as fórmulas químicas das sustancias producidas, e os números colocados diante das fórmulas son os coeficientes, cando o ceficiente é 1 non se escribe.





A escala microscópica, a reacción química é unha modificación dos enlaces entre átomos, por desprazamentos dos electróns: uns enlaces rómpense, outros fórmanse, pero os átomos sempre se conservan.

Isto é o que dí a lei de conservación da masa, da que soamente imos dicir que implica dúas leis:




  1. A conservación do número de átomos de cada elemento químico.

  2. A conservación da carga total.



As relacións estequiométricas entre as cantidades de reactivos consumidos e produtos formados dependen directamente destas leis de conservación. E están determinadas pola ecuación axustada da reacción.





Antes falamos do que era unha écuación química e explicamos como representala, agora imos explicar como se axusta unha ecuación química:



Unha ecuación química axustada debe respetar as leis de conservación do número de átomos e da carga total.

Imos poñer un exemplo para que sexa máis doado explicala.





Na reacción de combustión do gas butano (C4H10) este combínase co o osíxeno (O2) para formar auga (H2O) e dióxido de carbono (CO2).







C4H10 + O2 -> H2O + CO2



O carbono e o hidróxeno aparecen nu composto dos reactivos e noutro dos produtos. Hai catro veces máis átomos de carbono nos reactivos que nos produtos e cinco veces máis hidróxeno nos reactivos que nos produtos. Pódese arreglar isto cuadruplicando o número de moléculas de dióxido de carbono e quintuplicando o número de moléculas de auga:





C4H10 + O2 -> 5H2O + 4CO2



Agora soamente falta axustar os átomos de osíxeno. Xa que hai dous átomos nos reactivos e 13 nos pordutos bastaría con multiplicar polo coeficiente 13/2.



C4H10 + 13/2 O2 -> 5H2O + 4CO2




E ó final quédanos isto:



C4H10 + 13O2 -> 5H2O + 4CO2





Isto é todo por hoxe, esperamos que vos guste esta actualización



Un beso para todos





Actualizou:



Antía Álvarez Formigo

1 comentario:

eloy dijo...

non está mal, pero é moi semellante ao visto no aula