
Pode chegar a provocar alucinacións, un estado eufórico e as veces pode chegar a causar perdas parciais da memoria humana.
Na súa elaboración hai que ter moito coidado e controlar as condixións da reacción, xa que existe o perigo de explisión. Xérase pola termólisis controlada do nitrato amónico ou pola reacción de amoníaco con ácido nítrico. Imos por esta reacción para que sexa máis doado de entender:
NH4NO3 -> 2 H2O + N2O
A súa presión de vapor é de 5080 kPa a 20ºC, a súa soubilidade en auga é de 1,305 l/l auga a 0ºC; 0,596 l/l auga a 25ºC.
Descubíronse as súas propiedades narcóticas no ano 1799 polo químico Humphry Davy que fixo experimentros co seu propio corpo. O primeiro dentista que usou este gas como sedativo nuha extracción dental foi Horace Wells en Hartford en 1844.

Incluso hoxe en día utilízase este gas mesturado co 30% de osíxeno como narcótico, mellorando a súa eficacia con outras sustancias .
A única vía de administración do óxido nitroso é pulmonar. A súa administración a 100% pode producir asfixia e morte. O seu mecanismo de acción consiste en chegar ó cerebro a través das vías respiratorias e disminuir a actividade normal das neuronas.
Actualizou:
Antía Álvarez Formigo
1 comentario:
un mes sin actualizar!!!!
Publicar un comentario